Feijóo mantén 35 escanos de vantaxe pero Sánchez acurta distancias
Feijóo mantén 35 escanos de vantaxe pero Sánchez acurta distancias
Segundo a sondaxe de Sociométrica para o xornal El Español, o PP obtería 131 asentos e o PSOE 96
De se celebraren eleccións xerais nestes momentos, Alberto Núñez Feijóo sería o vencedor segundo unha enquisa de Sociométrica para o xornal El Español. Porén, Pedro Sánchez segue a acurtar distancias respecto ás sondaxes anteriores.
En dous meses, o PSOE gaña seis escanos e obtería un total de 96. Pola súa banda, o PP acadaría 131, tres menos ca en setembro. Deste xeito, a distancia entre ambas as dúas formacións quedaría en cinco puntos.
Con estes resultados, os populares non poderían gobernar en solitario e terían que se apoiar necesariamente en Vox, que quedaría con 50 escanos. Podemos lograría 27, Más País 4, Ciudadanos 1 e outros partidos sumarían un total de 41. BNG conseguiría 1.