Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo reitera que rexeita a amnistía e di que non se dan as condicións para un indulto

Feijóo reitera que rexeita a amnistía e di que non se dan as condicións para un indulto

Asegurou que o PP ten "moi claro" o que defende: "a igualdade de todos os cidadáns"

Insiste en que di "si" á investigación da xustiza

G24.gal 11/02/2024 17:06 Última actualización 11/02/2024 17:42

O presidente do Partido Popular asegura que non se dá ningunha condición para os indultos dos líderes do procés independentista catalán. Despois de que varios medios publicasen este sábado unha información que afirmaba que Feijóo estaría aberto a un indulto a Puigdemont nun "plan de reconciliación" para Cataluña, o líder dos populares daba por pechada a polémica. 

Asegurou que sempre dixo "non" e vai seguir dicindo "non" á amnistía porque é ilegal e inconstitucional.

"Non temos ningunha dúbida, nin a tivemos nin a imos ter en relación ao que temos que facer. Se o independentismo quere amnistía, xa ten o señor Sánchez para que lla dea, eu non. Díxeno na sesión de investidura e dígoo agora. Comigo o independentismo non pode contar para ningún tipo de amnistía, agás para combatela. E comigo o independentismo non pode contar para ningún tipo de indulto porque non se dan as condicións". 

O dirixente popular dirixiuse "a todos os españois" para reiterar que o PP ten "moi claro" o que defende. Acusou o Goberno de querer enlamar a campaña e amosou a súa disposición de "darlle toda a liberdade e apoio aos xuíces para que investiguen".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade