Feijóo: "Sánchez elixiu acabar o ano brindando con Bildu"
Feijóo: "Sánchez elixiu acabar o ano brindando con Bildu"
O presidente do PP cre que Sánchez colocou o PSOE "fóra do constitucionalismo" ao apoiar a moción de censura no concello de Pamplona
Os socialistas xustifican a moción e negan que entrase nas negociacións para a investidura de Pedro Sánchez
Podemos celebra o cambio de Goberno na capital de Navarra
A moción de censura en Pamplona resoa na política nacional.
A dirección estatal de Podemos celebra a moción de censura en Pamplona, xa que a súa marca en Navarra, Contigo-Zurekin, vai entrar no Goberno local. A voceira dos morados, Isa Serra, considera que "é un avance para Pamplona que por fin haxa un goberno de esquerdas que siga avanzando en dereitos para o conxunto da cidadanía".
Os socialistas non van formar parte do Goberno de Pamplona, pero si ven xustificada a moción. Segundo Pilar Alegría, voceira do executivo central, "hoxe deixou de ser alcaldesa unha muller de UPN que leva tres anos sen poder traer un presuposto ao concello de Pamplona" e instou o presidente do PP e a UPN a que "abandonen a política de sinalamento, do insulto e da crispación".
Para o PP, Pedro Sánchez entregou Pamplona a EH Bildu como pago polos seus votos na investidura. Para Alberto Núñez Feijóo, "hoxe España gaña unha alcaldía reaccionaria, hoxe España perde un partido de Estado". Na súa opinión, líder dos socialistas "levou o PSOE fóra do constitucionalismo, fóra do sentido común e da dignidade" porque "elixiu acabar o ano brindando con Bildu".