Publicador de contidos
Publicador de contidos

Disparan o primeiro ministro eslovaco, Robert Fico

Disparan o primeiro ministro eslovaco, Robert Fico

Foi hospitalizado en estado grave

O autor dos disparos foi detido xa polas forzas de seguridade

G24.gal 15/05/2024 16:13 Última actualización 16/05/2024 06:32

O primeiro ministro de Eslovaquia, Robert Fico, foi tiroteado e caeu ao chan este mércores cando se achegou a saudar un grupo de cidadáns na localidade de Handlova, no centro do país.

O ataque produciuse cando Fico abandonaba a casa da cultura onde o Executivo, formado por populistas de esquerdas e ultranacionalistas, celebrara unha xuntanza. Fico estaba falando cun grupo de persoas, un deles levaba unha pancarta antigobernamental, cando se oíron varios disparos.

Un home de 71 anos foi o que sacou a arma e disparou catro ou cinco veces contra el. O agresor, que foi detido tras os disparos, contaba con licenza de armas.

O seu equipo de seguridade trasladouno a un hospital en estado crítico porque unha das balas alcanzou ao político na cavidade abdominal.

O Parlamento eslovaco suspendeu a sesión que estaba a celebrar.

"Estou impactada. Deséxolle a Roberto Fico moita forza neste momento crítico para recuperarse do ataque", declarou a presidenta saínte do país, Zuzana Čaputová.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade