Cargando resultados...
Ferido un montañeiro ao caer desde uns 20 metros cando facía barranquismo no Courel
Ferido un montañeiro ao caer desde uns 20 metros cando facía barranquismo no Courel
É un veciño de Ponferrada evacuado en helicóptero ao hospital de Ourense
Fervenza da Pedreira no Courel onde caeu o montañeiro
G24.gal
05/11/2022 18:53
Un montañeiro feriuse esta sábado cando practicaba barranquismo na serra do Courel. A vítima é de Ponferrada e tivo o accidente cando estaba na fervenza da Pedreira, no Courel.
Canda o home estaban outros catro compañeiros realizando a actividade. Caeu aproximadamente desde uns 20 metros. Estaba a percorrer o barranco do Rego do Val. Ata o lugar desprazáronse ademais do helicóptero do 061, efectivos do GES do Folgoso, ambulancia a Garda Civil de Seoane.
Evacuárono pasadas as 14:30 horas ata o hospital de Ourense e sofre traumatismo cranioencefálico e ten varias costelas rotas. O seu estado é estable.