Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fernando Alonso, terceiro en Qatar, regresa ao podio despois de sete anos

Fernando Alonso, terceiro en Qatar, regresa ao podio despois de sete anos

G24.gal 21/11/2021 17:52

O piloto asturiano Fernando Alonso asina unha carreira memorable no circuíto de Losail en Qatar e queda terceiro na carreira do Mundial de F1 co seu Alpine tras Lewis Hamilton (Mercedes) e Max Verstappen, (Red Bull).

É o podio número 98 de Fernando Alonso na fórmula 1: sete anos, tres meses e 21 días despois do segundo posto que logrou en 2014 en Hungría.

Lewis Hamilton conseguiu a vitoria no Gran Premio de Qatar, nunha cita na que Alonso logrou resistir nunha fantástica carreira na que Carlos Sáinz terminou sétimo.

Alonso fixo valer a súa estratexia de parada única, e logrou varios adiantamentos na saída, para lograr coarse na festa dos actuais reis do mundial, Hamilton e Verstappen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade