Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fernando Sánchez Dragó falece dun infarto aos 86 anos

Fernando Sánchez Dragó falece dun infarto aos 86 anos

Os primeiros en asistilo foron os seus propios veciños, entre eles unha enfermeira, que tentaron reanimalo

G24.gal 10/04/2023 11:49

O escritor e xornalista español Fernando Sánchez Dragó (Madrid, 1936), faleceu despois dun infarto na súa casa de Castilfrío de la Sierra (Soria).

O alcalde da localidade, Joaquín Cobo, o falecemento do escritor, que se produciu sobre as dez da mañá na vivenda en que vivía coa súa compañeira.

Os primeiros en asistir a Sánchez Dragó foron os seus propios veciños, entre eles unha enfermeira, que tentaron reanimalo ata que chegaron os servizos de emerxencias.

Os servizos de Emerxencia do 112 de Castela e León recibiron un aviso ás 9:57 horas e ata o lugar desprazáronse unha ambulancia e un helicóptero.

Momentos antes de sufrir o infarto, o escritor colgara unha mensaxe na súa conta de Twitter na que se vía co seu gato na cabeza.

 

 

 

Escritor, xornalista, ensaísta, crítico literario e presentador de televisión, era filólogo de formación. Premio Nacional de Ensaio (1979) e Premio Planeta (1992), practicou todos os xéneros literarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos