Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferrol demanda infraestruturas ferroviarias máis competitivas

Ferrol demanda infraestruturas ferroviarias máis competitivas

Denuncian a supresión de frecuencias

G24.gal 26/10/2021 14:56

Son moitas as voces que no ámbito social e empresarial falan de agravio comparativo con outros núcleos de poboación da comunidade onde está previsto que chegue a alta velocidade. E non só iso, senón que tamén denuncian a supresión de frecuencias con relación ás que tiñan antes da pandemia. 

Por todo isto din que de non contar con infraestruturas ferroviarias competitivas, esta estación ten os días contados.

"Con infraestruturas que levan practicamente sen investimentos dende hai 70 ou 80 anos, e cunhas prestacións moi por debaixo do que se demandaría hoxe por parte dos cidadáns e das empresas, é practicamente como dicir que o ferrocarril na nosa zona non existe ou a súa presenza é testimonial", comenta Cristóbal Dobarro, presidente da confederación de empresarios de Ferrolterra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade