Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fin da máscara en interiores despois da Semana Santa

Fin da máscara en interiores despois da Semana Santa

A norma entrará en vigor o mércores vinte de abril.

A máscara seguirá sendo obrigatoria en hospitais, centros de saúde, residencias e medios de transporte.

 

G24.gal 10/04/2022 19:38

A máscara foi durante dous anos a principal barreira de contención do virus, sobre todo en espazos interiores. A partir do mércores 20 de abril deixará de ser obrigatoria.

A medida entrará en vigor despois da Semana Santa. Con todo, a norma terá excepcións, que  se publicarán no BOE o vinte de abril. Seguirá sendo obrigatoria en hospitais, centros de saúde, residencias e medios de transporte. 

Poñer fin á súa obrigatoriedade non quere dicir que non a poidamos seguir utilizando, sobre todo cando sintamos desconfianza ou non poidamos garantir a distancia de metro e medio. 

Será xa unha decisión individual neste último paso cara á normalización da convivencia co virus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade