Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fin de semana clave para o Racing o Deportivo e o Celta B na loita polo ascenso

Fin de semana clave para o Racing o Deportivo e o Celta B na loita polo ascenso

Por abaixo, o Pontevedra xoga a vida ante o Fuenlabrada

G24.gal 05/05/2023 16:09 Última actualización 05/05/2023 16:16

Sabe Óscar Cano que ao Deportivo non lle queda máis remedio que gañar a quen se lle poña por diante e agardar tropezos alleos para non tirar a toalla na loita polo ascenso directo. Así e todo, confesa estar preparado para calquera escenario:

Óscar Cano: "Traxéronnos para ascender, non é unha obriga quedar como primeiros, é unha posibilidade"

A visita a Riazor do líder coincide coa trascendente baixa do máximo goleador brancoazul, Alberto Quiles. O técnico afirma ter fórmulas para limitar os danos, pero non as desvela.

Unha vitoria deportivista beneficiaría tamén ao Rácing, que entra claramente na poxa pola primeira praza após a vitoria de entre semana en Córdoba. Visita a Unionistas, outro rival en forma, como constatan as cinco vitorias consecutivas que leva:

Cristóbal Parralo: "Gañounos na primeira volta. Hai que mentalizarse"

Non aspira a subir directo o Celta B, pero si a recuperar a praza na promoción que lle cedeu ao Linares na última xornada. Visita Vigo un Fuenlabrada en apuros.

Por abaixo, o Pontevedra xógase a vida. Visita o Domingo a u Talavera que tamén pelexa por evitar o descenso. Señor fala alto e claro. O do domingo é toda unha fnal para o cadro granate.

"É o partido máis difícil, ante un rival que está por debaixo, só vale gañar"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade