Publicador de contidos
Publicador de contidos

Final feliz para o Breogán cun triunfo de prestixio na pista do Valencia

Final feliz para o Breogán cun triunfo de prestixio na pista do Valencia

Gañou por 77-80  e puxo fin á serie de sete derrotas

Acaba no décimo posto e terá billete europeo para a vindeira temporada

G24.gal 24/05/2023 22:23

O Breogán rematou a temporada cun triunfo na pista do Valencia Basket (77-80). Un sorriso nas facianas dos xogadores breoganístas que sufriron moito no último treito de liga, no que chegaron a acumular sete derrotas seguidas. Ademais, o triunfo dálle o billete europeo ao cadro lucense para a vindeira temporada. 

Comezou ben o Valencia, que poñía en xogo a presenza no play off (17-10). Reaccionou o Breogán da man de Sergi Quintela (seis puntos) e conseguiu poñerse por diante ao principio do segundo cuarto (26-27). Os de Mrsic fixeron un partido moi serio en defensa, impedindo a aparición dos xogadores estelares dun Valencia que chegaba dous abaixo ao descanso (34-36).

No terceiro cuarto volvía coller o mando o Valencia (43-41), pero pouco lle durou. Happ dominaba baixo os aros e permitíalle ao Breogán afrontar o último cuarto por diante (53-56). Así foi avanzando o último cuarto ata chegarmos a un final apertadísimo. Con 69-68 apareceron Happ e Hollatz (cinco triplas) para darlle a volta (69-73). O Valencia tentouno, pero outra tripla de Hollatz puxo a meirande diferenza breoganista (74-80) e asegurou un triunfo que trae un billete europeo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar