Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fisioterapeutas de Galicia están a acollerse á iniciativa de identificarse cunha cruz branca e fucsia

Fisioterapeutas de Galicia están a acollerse á iniciativa de identificarse cunha cruz branca e fucsia

A iniciativa está impulsada polo colexio profesional

G24.gal 27/02/2024 21:44 Última actualización 27/02/2024 22:14

Monika leva dous anos exercendo como fisioterapeuta en Ferrol. O ano pasado solicitou participar no proxecto Ikono, a iniciativa do Consello de Colexios de Fisioterapeutas de España para garantir o seu labor sanitario. 

"Concedéronmo unha vez pasados os controis pertinentes tanto de rexistro sanitario, como de licenzas municipais e estar colexiada", explica Monika Suszynske. 

Seguindo o estilo da tradicional cruz verde identificadora das farmacias, a colocación dunha cruz branca co bordo fucsia na fachada das clínicas e centros de fisioterapia é o distintivo que dá visibilidade a esta iniciativa. As persoas usuarias poderán identificar así que se trata dun centro de tratamento que ofrece servizos profesionais a cargo dun fisioterapeuta con titulación.

Polo de agora, o proxecto é voluntario, a pedimento dos propios profesionais, e preséntase como unha ferramenta para combater o intrusismo.

"Un fisioterapeuta ten coñecementos de físicoterapia, cinesiterapia, etc. Na súa carreira ten anatomía, fisioloxía, reumatoloxía e todas as especialidades de medicina aplicadas á fisioterapia", engade Monika Suszynske.

Os colexios profesionais buscan así reivindicar o labor sanitario dos máis de 63.000 fisioterapeutas que hai en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos