Publicador de contidos
Publicador de contidos

Violencia machista: catro mulleres asasinadas en Galicia no que vai de ano

Violencia machista: catro mulleres asasinadas en Galicia no que vai de ano

G24.gal 25/11/2024 07:53

No que levamos de ano, catro mulleres morreron en Galicia asasinadas polas súas parellas ou exparellas.  

Andrea Yturry, de 24 anos, foi a primeira, en marzo.  Matouna a súa exparella na súa casa de Palmeira cun coitelo. Tiñan un fillo de dous anos. Hoxe descubrirán unha placa na súa memoria, en Ribeira. 

En agosto foi asasinada Mercedes, de 74 anos, polo seu marido, de 76, na vivenda que compartían no barrio de Labañou na Coruña. O home dixo que a atopara morta, pero o relato non encaixaba e a autopsia confirmou que a asfixiara. Levaban 45 anos casados e non había denuncias previas.  

A terceira vítima foi Fadoua Akkar, de 41 anos, veciña de Salcedo a antes de Vilaboa. Matouna a súa parella en Moaña, acelerando o coche que conducía para que acabara caendo ao mar, no porto de Domaio. Non sabía nadar e morreu afogada; deixou un fillo de 12 anos. O seu asasino tiña unha condena previa por malos tratos. 

E o último crime machista foi este mesmo mes en Baiona: Estela Blach, de 36 anos. Matouna a golpes o exmozo na casa del. O autor do crime tiña unha orde de afastamento e entregouse á policía tras pasar varios días escondido. Estela tiña unha filla menor de idade. 

Estes son os casos con peor desenlace, pero cada día en Galicia unhas 20 mulleres sofren algún tipo de violencia só por ser mulleres, segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Os delitos contra a muller aumentaron un 12 % en 2023.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade