Cargando resultados...
Fochancas perigosas na A-55 que une Vigo e O Porriño
Fochancas perigosas na A-55 que une Vigo e O Porriño
Os condutores piden unha rehabilitación axeitada do firme para garantir a seguridade
G24.gal
25/10/2022 16:01
Circular por algúns puntos da autovía A-55 entre Vigo e O Porriño convértese nunha carreira de obstáculos. O firme rehabilitado hai ano e medio volveu abrirse e deixou enormes fochancas coma esta. Intentar esquivalas, sobre todo en días de chuvia, pon en serio perigo os condutores.
Un problema máis para os usuarios da autovía con máis accidentes de España. Os usuarios piden unha solución e que se constrúa o túnel anunciado polo Goberno para evitar as curvas.
Polo de agora os 60.000 condutores que pasan a diario por esta autovía dos múltiples radares terán que seguir soportando as perigosas fochancas.