Cargando resultados...
Fran deixa de ser o director de canteira do Deportivo
Fran deixa de ser o director de canteira do Deportivo
Albert Gil, no club desde 2014 no traballo coa base, colle a remuda
G24.gal
30/06/2023 20:53
Outro dos que deixa o Deportivo é Fran González. O ex-xogador branquiazul non seguirá á fronte da canteira deportivista. Así o anunciaba o club coruñés, inmerso nunha profunda renovación. Fran levaba tres anos no cargo.
O seu substituto será Albert Gil. O catalán volve facer as mesmas funcións que xa exercera desde o 2014, ata a chegada de Fran González Pérez.