Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fran Justo leva o triunfo do Carballiño (2-3) diante dun Arenteiro que remata con nove

Fran Justo leva o triunfo do Carballiño (2-3) diante dun Arenteiro que remata con nove

Luís Chacón marcou os dous goles para o equipo galego

Tiago e Ger Novoa foron expulsados na segunda parte

G24.gal 16/09/2023 21:48

O Arenteiro caeu no Espiñedo fronte ao Real Unión por dous goles a tres. Antes do inicio do partido, o protagonista foi Fran Justo. O exadestrador do Arenteiro volveu ao Carballiño co seu novo equipo e levou a vitoria.

Aos dous minutos xa gañaba cun gol confuso, o de Antón Escobar. No Arenteiro estreouse como goleador o exrracinguista Luis Chacón, que fixo o empate no minuto 14. Foi unha tarde de golazos, como o de Oyarzun de falta directa para o Real Unión.

No segundo tempo, e xogando con 10 por expulsión de Tiago no 48, o Arenteiro obtivo o empate. Marcou outra vez Luis Chacón. Pero o Real Unión volveu tirar doutro fermoso gol para gañar. Levou a sinatura do ex-xogador do Celta B Alberto Solís.

O Arenteiro xogou os últimos 20 minutos con 9 xogadores porque Ger Novoa tamén tivo que marchar expulsado pero no último intre Vitra estivo a piques de empatar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar