Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mbappe esnaquiza o nariz na vitoria de Francia sobre Austria

Mbappe esnaquiza o nariz na vitoria de Francia sobre Austria

Os médicos da selección deciden non operalo e podería seguir xogando cunha máscara

G24.gal 17/06/2024 22:16 Última actualización 17/06/2024 22:34

Francia comezou a Eurocopa con vitoria pero pode perder a Mbappé para varios partidos da Eurocopa. O capitán esnaquizou o nariz nunha das últimas xogadas do partido e terá que ser operado. Os fraceses sacaron adiante o partido impoñéndose por 1-0 grazas a un autogol de Maximilian Weber logo dunha acción individual do novo xogador do Real Madrid. 

Todas as olladas estaban sobre a estrela recentemente fichada polo Real Madrid. Buscou o gol de todos os xeitos, tivo unha participación decisiva no tanto e fallou un man a man con todo a prol ao comezo da segunda parte. 

Asegurou os tres puntos o cadro de Deschamps que buscará mellorar as súas prestacións para os vindeiros encontros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos