Francia e Australia avanzan aos oitavos do Mundial. Tunisia e Dinamarca, eliminados
Francia e Australia avanzan aos oitavos do Mundial. Tunisia e Dinamarca, eliminados
Hai dezaseis anos que Australia non xogaba nos oitavos de final dun Mundial
No Grupo D, Francia e Australia seguen no Mundial. Tunisia e Dinamarca, eliminados.
Un gol Mathew Leckie no terceiro e último partido do grupo D do Mundial de Fútbol de Qatar 2022 disputado este mércores no estadio Ao Janoub de Al Wakra deu o triunfo a Australia sobre Dinamarca (1-0), e con iso o pase a oitavos de final dos oceánicos. Hai dezaseis anos que Australia non xogaba nos oitavos de final dun Mundial.
🙌🏻 ¡Celebración de #AUS tras conquistar una plaza en octavos de #Qatar2022! #GolMundial pic.twitter.com/CdghPE3kqd
— Gol Mundial (@Gol) November 30, 2022
Pola súa banda, a selección de Tunisia logrou a primeira vitoria da súa historia ante Francia (1-0), pero quedou ás portas dos oitavos de final pola vitoria de Australia sobre Dinamarca.
¡Primer gol de #TUN en #Qatar2022! 🔥
— Gol Mundial (@Gol) November 30, 2022
🔝 ¡Khazri define con la zurda al fondo de la red!#GolMundial pic.twitter.com/HGhNsVPVDN