Publicador de contidos
Publicador de contidos

Francia non ve dificultades para a creación dunha macrorrexión atlántica

Francia non ve dificultades para a creación dunha macrorrexión atlántica

Así o explicaron fontes do Goberno vasco tras a xuntanza que mantivo o embaixador co lehendakari, quen tamén se entrevistou en Madrid co embaixador de Portugal

G24.gal 12/04/2023 20:48

O embaixador de Francia en España Jean-Michel Casa non ve dificultades para a creación dunha macrorrexión atlántica se a próxima Presidencia española da UE así o propón na súa axenda.

Así o explicaron fontes do Goberno vasco tras a xuntanza que mantivo o embaixador co lehendakari Iñigo Urkullu, quen tamén se entrevistou en Madrid co embaixador de Portugal João Mira-Gomes. 

Urlkullu mantivo estas xuntanzas para trasladar aos dous diplomáticos o interese e o compromiso das rexións do Arco Atlántico de Francia, España e Portugal, e tamén de Gales e do noroeste de Irlanda, no relativo ao impulso da fachada atlántica e ás conexións con Europa.

O lehendakari solicitou o apoio de Francia e Portugal para impulsar o proxecto de creación dunha nova macrorrexión en Europa que defenda os intereses desa fachada atlántica.

"O risco dun desprazamento dos centros de decisión cara ao leste da Unión Europea é un risco real para as comunidades do Atlántico, e a creación deste novo organismo suporía un elemento que axudará a reequilibrar o peso das rexións en Europa", segundo o lehendakari.

O embaixador portugués amosouse disposto a apoiar o proxecto e o francés non ve dificultades para que saia adiante, segundo informou o Goberno Vasco tras as xuntanzas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade