Publicador de contidos
Publicador de contidos

Francia prohibe as concentracións en Noitevella e acelera as doses de reforzo

Francia prohibe as concentracións en Noitevella e acelera as doses de reforzo

A terceira dose da vacina será obrigatoria para sanitarios e bombeiros

G24.gal 18/12/2021 11:35

O Goberno francés prohibe as concentracións nas rúas na Noitevella e axiliza a vacinación coa terceira dose para conter os contaxios da variante ómicron.

O primeiro ministro, Jean Castex, anunciou tras o Consello de Defensa da Saúde que non van estar permitidos os fogos artificiais nin as aglomeracións nas rúas en Aninovo ante a expansión do coronavirus.

"Cantos menos sexamos, menos riscos correremos", dixo Castex. Avogou por promover a vacinación e así a tarxeta sanitaria converterase nun "carné de vacinación" xa a comezos de 2022.

O ministro de Saúde anunciou tamén este sábado que a terceira dose da vacina contra a covid vai ser obrigatoria para os traballadores da saúde e os bombeiros desde o 30 de xaneiro.

Asegura que non quere que pase como en Escocia, onde o 25 ou o 30 % dos coidadores non poden traballar, porque todos estarían en contacto e polo tanto en corentena.

Houbo varios gromos de hospitalizados contaxiados pola variante ómicron en París. En Francia xa se confirmaron 240 casos desta variante e temen unha quinta vaga da covid dura no país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos