Publicador de contidos
Publicador de contidos

Francia remata co soño de Marrocos (2-0)

Francia remata co soño de Marrocos (2-0)

Os franceses loitarán por revalidar o seu título mundial, algo que só lograron Italia nos anos trinta e Brasil nos sesenta

Theo Hernández e Kolo Muani marcaron os goles

Messi contra Mbappe na final, o desexado polo Emir de Qatar e dono do PSG

G24.gal 14/12/2022 21:34

A última selección capaz de revalidar un título mundial foi a do Brasil alá polo ano 1962. Unha fazaña ao alcance de só dúas seleccións que Francia pode lograr neste 2022. Os campións despacharon, sen brillantez, a sorprendente Marrocos por 2-0. 

Non chegaramos nin ao minuto cinco cando Theo Hernández marcaba o primeiro gol do partido. O primeiro que recibía Marrocos nas roldas eliminatorias. 

Parecía que ía ser un paseo francés, pero nada máis lonxe da realidade. Giroud puido marcar o segundo e Lloris fixo un paradón nunha chilena de El Yamiq

Sufrimento de Francia

Tocoulle sufrir a Francia durante todo o segundo tempo, encerrada no seu campo e tentando controlar a iniciativa de Marrocos, que dispuxo de máis dun achegamento en que puido acadar o empate. 

No 79 Mbappe inventou unha xenialidade que empurrou á rede Kolo Muani, que levaba un par de minutos no terreo de xogo.

Aí rematou o soño africano de xogaren unha final. Francia cumpriu cos prognósticos e verase ante Arxentina nun duelo con que sempre soñou o Emir de Qatar Al Thani: Messi e Mbappé, as estrelas do seu PSG, fronte a fronte. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos