Futuros médicos coñecen terapias termais para recuperarse da covid
Futuros médicos coñecen terapias termais para recuperarse da covid
Os tratamentos poden aliviar as dores musculares ou a fatiga segundo cada caso necesite
Teñen a vantaxe de que non son métodos invasivos nin teñen contradicións
O balneario de Pantón acolle esta fin de semana unhas xornadas sobre os beneficios dos tratamentos termais na recuperación da covid. Van dirixidas a futuros médicos, que ven nestas terapias unha opción para que os pacientes melloren a súa calidade de vida sen ter que recorrer a métodos farmacolóxicos.
Son alumnos de sexto de medicina que reciben formación sobre tratamentos hidrotermais no balneario de Pantón. Desta volta, a charla céntrase nas terapias para superar as secuelas que poden quedar despois de sufrir a covid.
Estes tratamentos contribúen a aliviar a fatiga e as dores musculares que ás veces quedan logo da enfermidade, coa vantaxe de que evitan ter que tomar fármacos.
Son os futuros médicos os que valoran aproveitar a riqueza medicinal das augas dos balnearios para aliviar doenzas, un costume que foi moi popular o pasado século e que agora volve recuperarse.