Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gael rescata un punto para o Celta B no campo da Cultural

Gael rescata un punto para o Celta B no campo da Cultural

O central empatou nun segundo tempo de claro dominio vigués

G24.gal 30/04/2023 14:28

O Celta B rescatou un punto no campo da Cultural Leonesa (1-1) grazas a un gol marcado polo central Gael Alonso a un cuarto de hora do final. 

Comezaron mellor os locais, que lograron adiantarse no marcador no minuto 16. Percan foi o autor do gol logo dunha boa asistencia de cabeza de Obolskii. O equipo vigués tardou en superar o golpe, pero cando o fixo foi o dominador case absoluto do encontro.

Tras o descanso, o Celta B intensificou o seu dominio. A Cultural defendíase como podía das acometidas do conxunto galego. Hugo Sotelo, cun gran disparo desde lonxe, estivo a piques de empatar. A insistencia do filial tivo premio no minuto 75 logo dunha falta botada por Iker Losada e rematada por Gael. 

Na recta final, os dous equipos estiveron preto de marcar. Unha mala saída de balón de Sergio Barcia propiciou unha clara ocasión para Percan. E no minuto 94, a opción foi para Iker Losada. Salvi desbaratou a última oportunidade do partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos