Galegos na Arxentina e arxentinos en Galicia cren que urxe poñer freo á crise diplomática
Galegos na Arxentina e arxentinos en Galicia cren que urxe poñer freo á crise diplomática
Nos dous lados do Atlántico seguen o desencontro aberto entre Bos Aires e Madrid
A crise diplomática aberta coa Arxentina mantén os galegos que viven alí e os arxentinos que residen en Galicia co corazón partido.
En Bos Aires senten os discursos encontrados: "Non está ben que dous países tan queridos teñan estes problemas por culpa de dous presidentes. Os dous estiveron mal". "É soamente pirotecnia verbal e non pasa diso". "É un problema persoal entre dous presidentes". "Non pasaba de ser unha anécdota ata que se retira a embaixadora que iso si creo que é un erro".
E canda os arxentinos que residen en Galicia cren que urxe poñerlle freo: "Ambos teñen responsabilidade pero creo que hai que traspasar esas cuestións e ter unha posición adulta". "A preocupación é como vai seguir isto escalando e se non hai un freo no medio por algunha das partes ou polas dúas partes en realidade, dicindo que isto foi un erro ou foi un momento que non tiña que pasar".
Porque o importante, din, é manter os lazos de irmandade e económicos que unen ambos os dous países: "Realmente quen o iniciou ou quen non o iniciou... a ver, hai unha necesidade dun período de desculpa, porque isto nos pode levar a unha situación moi complicada non só aos que temos estes lazos migratorios, senón a quen queira facer turismo ou calquera actividade".