Jesús Silva: "As pezas galegas na MICE falan de espazos en proceso de desaparición"
Resonancias, de Diana Gonçalves, e Aurora, de Area Erina, Memoria de Soutelo, de Xoán Bregua e Corre o vento, de Paula Fuentes e Guillermo Cabrera compiten na MICE que se desenvolve en Compostela
Finalistas como mellor filme nos Mestre Mateo: +Cuñados, As neves, Honeymoon e Xustiza artificial, e como mellor documental: Aurora, Prefiro condenarme, Salvaxe, salvaxe e Filmei paxaros voando
Jesús Silva repasa os catro filmes a competición na MICE, en Compostela: Resonancias, de Diana Gonçalves, e Aurora, de Area Erina, proxéctanse este venres no Teatro Principal. O sábado será a vez de Memoria de Soutelo, de Xoán Bregua e Corre o vento, de Paula Fuentes e Guillermo Cabrera.
Tamén fai unha quiniela no repaso das candidaturas a mellor filme e mellor documental nos Premios Mestre Mateo que se entregan este sábado en Lalín.