Galicia administra máis de 38.000 doses da vacina da covid nas últimas 24 horas
Algo máis de 1.400 utilizáronse para completar pautas contra o coronavirus
O 94% da poboación diana ten o proceso finalizado e o 85,7% do conxunto dos cidadáns
En Galicia administráronse máis de 38.000 doses das vacinas contra a covid-19, das que algo máis de 1.400 empregáronse para completar pautas.
Os datos actualizados por Sanidade indican, con respecto á xornada do sábado, que xa se puxeron 5.095.939, que supoñen 38.598 máis que ata a xornada anterior e o 97,1 % das 5.246.779 recibidas.
Das 38.598 postas, 1.408 foron para completar a pauta, polo que son 2.313.480 as persoas co proceso rematado. Supoñen o 94,25 % da poboación´pon maior de 12 anos co soro posto e o 85,7 % do conxunto dos cidadáns.
Por grupos por vulnerabilidade hai 19.809 cidadáns de alto risco coa pauta completa, 17.133 dependentes non institucionalizados e 27.610 residentes en centros. Mentres 2.112.441 remataron o proceso chamados pola súa idade.
Pola súa exposición, 68.091 sanitarios teñen a pauta completa, 25.467 do sociosanitario e 43.305 traballadores esenciais.
As áreas sanitarias seguen esta semanaa aplicación das doses de reforzo a cidadáns do grupo de 60 a 69 anos, e respescas de 70 a 79 anos. Segue ademais aberta a cita na internet e a vacinación libre para os que non o fixeran ata a data.