Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno comprométese a desenvolver en paralelo o Corredor Atlántico e Mediterráneo

O Goberno comprométese a desenvolver en paralelo o Corredor Atlántico e Mediterráneo

Galicia, Asturias e Castela e León piden recuperar o tempo perdido e impulsar as infraestruturas do Corredor Atlántico

G24.gal 06/03/2023 14:40

Galicia, Asturias e Castela e León piden recuperar o tempo perdido e impulsar as infraestruturas do Corredor Atlántico. Así o expresaron na primeira reunión co comisionado designado polo Goberno central, que comprometeu o mesmo apoio ao Corredor Atlántico que ao Mediterráneo.

No mes de outubro o Goberno de España ten previsto aprobar ese plan director do Corredor Atlántico, que permitirá conectar a rede ferroviaria con Europa e darlles saída por tren aos produtos nacionais. O obxectivo: que se tripliquen as mercadorías por tren.

En Xixón presentábase o plan diante dos representantes políticos e empresariais das once comunidades autónomas polas que pasa o corredor a través dun comisionado encargado de coordinar as accións.

O Goberno galego levaba cinco anos reclamando avances. Os empresarios tamén reclamaban o mesmo trato que aos da zona mediterránea.

Este ano os orzamentos inclúen partidas similares para os dous corredores, sobre 1.600 millóns de euros para cada un.

O secretario de Estado de Transportes, David Lucas, destacou que o Plan de recuperación, transformación e resiliencia vai destinar aos tramos do Corredor Atlántico máis de 2.477 millóns de euros, mentres que nos orzamentos xerais do estado para este ano hai reservados 1.648 millóns en investimentos para avanzar en completar e ampliar a infraestrutura que afecta a once comunidades, unha cifra similar á reservada para o Mediterráneo.

O Corredor Atlántico ten pendente de executar 16.080 millóns, dos que 12.000 son para nova construción e os 3.913 restantes serán para renovacións, dun total de 49.406 millóns de investimento programado desde 2003. "Estamos a avanzar en novas propostas e facendo melloras para posibilitar que o 63 por cento da poboación de España se beneficie do corredor", subliñou.

O eixo atlántico conta con 1.533 quilómetros de alta velocidade ferroviaria, que se une aos 3.880 quilómetros de rede convencional e a 2.644 quilómetros de estradas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade