Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia bótase á rúa para celebrar o éxito da selección

Galicia bótase á rúa para celebrar o éxito da selección

Castrelos estivo ateigado de xente, igual que en Ourense ou na Coruña, onde desafiaron a chuvia

G24.gal 14/07/2024 23:25

Galicia botouse ás rúas para vivir a final da Eurocopa. Milleiros de persoas xuntáronse diante das pantallas xigantes, nos parques, nos pabillóns ou nas terrazas para animar a España dende a distancia.

Maiores ou nenos. O importante era mandar azos, saltar e animar ou sufrir en compañía. Nin sequera a tormenta que comezou durante o primeiro tempo evitou o ambientazo. Se chove, que chova. Sacanse os paraguas, poñénse as capuchas e a seguir gozando. 

O partido pasou por todos os momentos. De euforia co gol de Williams, de caras longas logo do empate inglés e co estoupido final co tanto de Oyarzabal.

Na Coruña, en Vigo, en Silleda ou en Ourense festexouse o triunfo. A cuarta Eurocopa da selección española ben merecía unha longa noite de troula, algún con dobre motivo, como os familiares ourensáns de Dani Vivian.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar