Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia celebra o Día do Orgullo LGTBI

Galicia celebra o Día do Orgullo LGTBI

As principais cidades tiveron actos conmemorativos durante todo o mes

Un fado para lembrar a Samuel Luiz

G24.gal 28/06/2022 16:53 Última actualización 28/06/2022 17:55

 As sete cidades galegas acollen actos simbólicos para celebrar o Día do Orgullo LGTBI.

A Coruña

 A Coruña iniciará a manifestación sobre as 20.00 horas no Obelisco.  Na cidade herculina, as reivindicacións centraranse na loita polos dereitos dos transexuais.

Así mesmo, a sede da Deputación incluirá, ao longo da xornada, un posto con información e materiais divulgativos en defensa da igualdade.

Lugo

A manifestación comezará ás 21.00 horas coa saída do edificio do Vello Cárcere, na Praza da Constitución, para percorrer distintas rúas do centro da cidade.

Vigo

A manifestación será o sábado 20 ás 20.30 horas e sairá da Praza da Pedra. A Asociación Nós Mesmas ten previstos ademais espectáculos e sesións de picadiscos, co que os actos se prolongarán ata as 3 da noite.

Ferrol

A manifestación será tamén o sábado 30 de xuño.

Pontevedra

Ás 12,00 horas, as autoridades municipais sairán ao balcón principal do Consistorio,  decorado coas cores do arco da vella. Ademais, ás 21.30 horas, celebrarase a tertulia 'Pontevedra fóra do armario' na Taberna do Jazz, que culminará co concerto do dúo Canela Cafuné.

Santiago

A capital de Galicia celerou os eventos do Orgullo a pasada fin de semana.

Ourense

Ás  20.00 horas celébrase a xornada Mani-Festa-Acción na praza Bispo Cesáreo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade