As escolas galegas contarán este ano con 655 auxiliares de conversa
As escolas galegas contarán este ano con 655 auxiliares de conversa
Galicia é a segunda comunidade autónoma con maior número de auxiliares en relación aos alumnos
Cando abandonen Galicia, todos saberán que é o San Froilán, coñecerán o sabor do polbo, distinguirán as Rías Baixas das Altas e comprenderán o galego básico, ou mesmo máis, como Jana que viu para 1 ano desde os Estados Unidos e xa leva 6 aquí.
Os auxiliares de conversa son unha das principais apostas da Xunta por fomentar o plurilingüismo. De feito, somos a segunda comunidade autónoma con maior número de auxiliares en relación aos alumnos. En 2009 eran 65 este ano son 655 de 22 países diferentes. A aposta xa logrou resultados.
O Conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, di que segundo un informe de Education First, Galicia é dentro das comunidades autónomas a que presenta un maior dominio do inglés.
Distribuiranse por 800 centros de ensino públicos para asistir os profesores de lingua estranxeira e darlles aos estudantes a posibilidade de practicar a conversa oral cun nativo.
David Villares, profesor de inglés que foi auxiliar de conversa de castelán en Nova Zelandia, asegura que é una experiencia fermosísima e moi enriquecedora para o alumnado porque traen a súa cultura e lle abre a mente.
A maioría dos auxiliares de conversa axudarán no manexo e a destreza do inglés, pero tamén os hai de alemán, francés, portugués e mesmo chinés.