Galicia continúa sumando casos activos e volve pasar dos 2.000 contaxios diarios
Galicia continúa sumando casos activos e volve pasar dos 2.000 contaxios diarios
Aumenta a ocupación hospitalaria en planta, pero baixa nas UCI
O Sergas notificou catro decesos por mor da covid
Os casos activos seguen aumentando (+857) e rozan os 21.000. En total, hai 20.984 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios aumentan con respecto a onte e rexístranse 2.153.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 4.422 (+88)
Vigo: 3.817 (+215)
Ourense: 2.758 (+76)
Santiago: 3.369 (+177)
Lugo: 2.533 (+86)
Pontevedra: 2.212 (+75)
Ferrol: 1.773 (+134)
En canto á ocupación hospitalaria, esta volve aumentar en planta (+12), pero baixa nas UCI (-2). En total, hai 462 e 24 persoas ingresadas.
Con todo, o Sergas notificou catro decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.169 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos