Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia-Costa dá por superada a situación de prealerta por escaseza de auga

Galicia-Costa dá por superada a situación de prealerta por escaseza de auga

A Xunta desactiva as alertas por risco de abastecemento e as de seca prolongada

As precipitacións de novembro, un 50 % superiores á media histórica, acabaron por normalizar a situación

G24.gal 07/12/2022 16:05

A Oficina Técnica da Seca deu por superada a situación de prealerta por escaseza de auga na demarcación Galicia-Costa, informou este mércores o Goberno galego.

Así o indicou a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, que presidiu unha nova reunión deste órgano, en que tamén participan integrantes de Protección Civil, Meteogalicia e a Consellería do Medio Rural.

Gutiérrez sinalou que na reunión confirmáronse as expectativas de melloría de indicadores de seca prolongada e de escaseza conxuntural grazas ás choivas rexistradas en novembro, indica a Xunta nunha nota.

Seguindo o establecido no Plan de seca de Galicia-Costa, na reunión deste mércores avaliouse a situación tanto en función das precipitacións rexistradas como en función das reservas de auga dispoñibles para o abastecemento.

Deste xeito desactivouse o nivel de risco de abastecemento no sistema do río Mero, Arteixo e ría da Coruña pola situación do encoro de Cecebre; así como na zona dependente dos encoros de Baiona e Zamáns.

O nivel dos encoros de abastecemento da demarcación Galicia-Costa, de competencia autonómica, está no 74,3 %, unha ocupación superior en case 4,4 puntos a do ano anterior.

Durante o mes de novembro, incidiu a responsable de Augas de Galicia, as precipitacións foron uns 50 % superiores á media da serie histórica, con especial incidencia no suroeste de Galicia.

Por este motivo desactivouse tamén a situación de seca prolongada nos sistemas do río Verdugo, ría de Vigo e ría de Baiona; na costa de Pontevedra; río Lérez e ría de Pontevedra; río Umia e ría de Arousa (marxe esquerda); Xallas, costa da Coruña e ría de Corcubión; río Castro; río Grande, ría de Camariñas e costa da Coruña ata Arteixo; e río Anllóns, costa da Coruña ata o límite de Arteixo, sinala o Goberno galego na súa nota.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos