Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia é a comunidade de España con maior porcentaxe de vivendas baleiras

Galicia é a comunidade de España con maior porcentaxe de vivendas baleiras

O medo dos propietarios ante a incerteza do mercado é unha das causas da retirada das vivendas 

G24.gal 20/03/2025 14:53

Alugar unha vivenda en cidades coma A Coruña, Vigo ou Santiago é, para moitos, misión imposible. 

Galicia é a comunidade con maior porcentaxe de inmobles baleiros, máis de medio millón. E a situación vai a peor. No último ano a oferta caeu máis dun 11 % e o prezo medio do alugueiro supera os 730 euros.

"Hai escaseza de oferta e moitísima demanda. Esta situación incha os prezos. Un piso de tres habitacións non se atopa por menos de mil euros", explica Víctor López, axente inmobiliario.

Os expertos apuntan como principal causa o medo dos propietarios a sacar a súa vivenda ao mercado.  

"Se ao particular, por un lado, se lle castiga coa lei de vivenda e, por outro, non se lle dá seguridade xurídica, decide pechar a súa vivenda", xustifica Gerardo Neistat de Alquiler Seguro.

E alertan do risco se son se toman medidas. 

"Se non aumenta a oferta con este ritmo de demanda imos chegar a niveis de presión como os doutras comunidades e vai repercutir nunha suba dos prezos", advirte David Caraballo, CEO de Alquiler Seguro.

Para axudar a paliar esta situación, a Xunta ten aberto o prazo ata finais deste mes de marzo para solicitar o bono alugueiro mocidade. Unha axuda de 250 euros ao mes durante dous anos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade