Publicador de contidos

Publicador de contidos

A incoherente posición de Sumar, por Venancio Salcines

OPINIÓN

A incoherente posición de Sumar, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 20/03/2025 08:04

Ante a presión fiscal temos dous posicionamientos claros, ou estamos a favor ou en contra. Se creemos nos servizos públicos, entón tamén temos que entender que é necesario sufragalos, cada un coa súa capacidade, pero todos debemos achegar. Aí reside a presión fiscal. Se pensamos que a liberdade é o máis importante e creemos na capacidade de elección, entón toca rebaixar a presión fiscal e deixarlle capacidade de pago ó cidadán para que decida como satisfacer as súas necesidades. Nunha posición está o partido socialista, noutra, teoricamente, está o partido popular. O que é raro é a posición de SUMAR, nula presión fiscal se o teu salario está etiquetado como Salario Mínimo Interprofesional; pero se gañas un euro máis, xa pagas.

E o mundo non funciona así, o primeiro que se decide é o Estado que desexas, e este ten un custo e distribúes o mesmo entre os cidadáns atendendo á súa capacidade de pago. Cando se fixeron os orzamentos, os que gañaban o salario mínimo asumían una parte do custo do Estado e ninguén dicía nada, se agora non se quere que paguen parte da factura dos servizos públicos teremos que asumir redefinicións dos mesmos. O que non podemos é telo todo, reducir a presión fiscal e manter inalterados os servizos públicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade