OPINIÓN
Mutualizar a débeda autonómica, por Venancio Salcines
O Goberno de España quere mutualizar a débeda autonómica. E isto que quere dicir, que o que é dun pasa a ser de todos. A condonación da débeda catalá, por dezasete mil millóns, pasa a ser débeda de todos. E como tal, sopórtase polas vías naturais de ingreso do goberno, os impostos estatais, como o IVE ou o IRPF.
É dicir, temos un novo custo, e este custo asumirémolo todos. Certo que tamén se asume a débeda dos galegos, pero nós, como outros, asumimos, nos anos duros da crise posición de racionalidade no gasto. Sacrificamos servizos públicos por cadrar as contas publicas; pensabamos que era o correcto, vivir co que tiñamos. Agora descubrimos que a sensatez de antano de pouco valeu, un acordo parlamentario para evitar unha moción de confianza tira pola borda anos de seriedade no gasto público. Dende logo, non é un exemplo a seguir nin para os de hoxe nin para os de mañá.