Cargando resultados...
Galicia é a principal reserva de lobo ibérico de toda España
Galicia é a principal reserva de lobo ibérico de toda España
Calcúlase que na comunidade pode haber entre 700 e un millar de exemplares
G24.gal
04/03/2023 15:30
Galicia, Asturias e Castela e León concentran o 96 por cento dos exemplares de lobo ibérico toda a península. O último censo indica que actualmente hai 93 mandas reprodutoras en Galicia.
O lobo ibérico estivo a piques de extinguirse na década dos 70. Desde o ano 2021 é unha especie protexida. Non se pode cazar para non poñer en risco novamente a especie.