Galicia e tres comunidades autónomas máis apertan para que o Goberno cambie o modelo de xestión do lobo

Os conselleiros de Medio Ambiente das catro comunidades autónomas intentan sumar o apoio do Parlamento Europeo
Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León buscan apoios no Parlamento Europeo para que o Goberno de España cambie o modelo de xestión do lobo.
Na Eurocámara falou o conselleiro de Castela en representación das catro comunidades autónomas. Desde Galicia, a conselleira de Medio Ambiente destacou a eficacia do plan da Xunta como garante do equilibrio entre o lobo e a gandería sustentable.
"O que fixo o Goberno de España foi desposuír as Comunidades Autónomas desa capacidade de xestión e declarar o lobo estritamente protexido en todo o territorio nacional, o cal está constituíndo un problema importante para a gandería extensiva ata o punto de que está empezando a abandonarse. Está producindo un incremento dos danos que fai imposible a continuidade das explotacións e ponse en perigo, polo tanto, o medio rural e, sobre todo, a biodiversidade", di Juan Carlos Suárez-Quiñones, conselleiro de Medio Ambiente de Castela e León.