Galicia é unha das comunidades onde máis medra a confianza empresarial
Galicia é unha das comunidades onde máis medra a confianza empresarial
Durante o acto do 20 aniversario da compañía de márketing dixital Redegal, Alfonso Rueda puxo en valor o papel do sector das novas tecnoloxías e dixo que a Xunta seguirá apoiando as empresas que creen riqueza
O presidente da Xunta aproveitou o vixésimo aniversario da empresa ourensá Redegal para poñer en valor as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías ao tecido empresarial.
Alfonso Rueda dixo que a Xunta traballa no deseño dun plan director de novas tecnoloxías: "Estamos traballando nun plan director de novas tecnoloxías que estará redactado durante o ano que vén".
"Seguiremos apostando polos que apostades por Galicia, a riqueza créase desde as empresas e desde as empresas tecnolóxicas que son o futuro. Se seguides creando riqueza e ofrecendo traballo, sobre todo aos mozos, e tendo raíces cada vez máis afianzadas en Galicia contade con nós", asegurou Rueda.
A Xunta destaca que Galicia é unha das comunidades onde máis medra a confianza empresarial grazas á estabilidade e as certezas que as empresas atopan na comunidade.