Galicia leva ao Parlamento Europeo a súa proposta para regular a IA na Administración
Galicia leva ao Parlamento Europeo a súa proposta para regular a IA na Administración
"É unha autorregulación para dicirlles aos cidadáns e aos xestores públicos como queremos empregar a intelixencia artificial", di o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia reuniuse co relator do informe que o Parlamento Europeo elaborou sobre esta materia. Julián Cerviño explicoulle a Axel Voss que o obxectivo da lei galega é ofrecer transparencia no uso da intelixencia artificial na Administración pública.
"Isto é unha autorregulación para dicirlles aos cidadáns e aos xestores públicos como queremos empregar a Intelixencia Artificial garantindo sempre os dereitos dos cidadáns. Estamos a ter unha boa acollida das institucións europeas porque somos pioneiros neste sentido", dixo Cerviño.