Galicia líbrase dos avisos por calor cunha xornada de nubes e chuvias débiles e intermitentes
Galicia líbrase dos avisos por calor cunha xornada de nubes e chuvias débiles e intermitentes
As precipitacións serán máis probables na Coruña e Pontevedra e zonas altas do interior, máis frecuentes pola tarde
Activado o aviso vermello por temperaturas de ata 44 graos en Valencia
O paso dunha fronte cálida pouco activa deixa un sábado en Galicia marcado polas nubes e as precipitacións débiles e intermitentes. Serán máis probables na Coruña e Pontevedra e nas zonas altas, máis frecuentes pola tarde.
Unha segunda fronte fría atravesará Galicia durante a tarde.
Ourense e o leste de Lugo poderían ter unha xornada con menos probabilidade de chuvias. As temperaturas mínimas non van ter cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un notable descenso. Os ventos cambiarán de sur a norte a medida que avance a xornada, serán moderados na costa e frouxos no interior.
Pero a domingo regresa o anticiclón, con tempo seco e solleiro xa a partir de media mañá. E as previsións indican que a próxima semana teremos sol e calor con temperatu8ras en ascenso que poderían superar os 30 graos, sobre todo no sur do país.
Este sábado a máxima estará en Ourense con 26 graos e a pola contra en Santiago haberá 21 graos de máxima.