Hospitais e residencias esixirán o certificado da covid ata o 26 de marzo
Hospitais e residencias esixirán o certificado da covid ata o 26 de marzo
Galicia podería deixar de pedir o certificado Covid en hospitais e residencias antes de que remate o mes.
O vicepresidente da Xunta agarda que non sexa necesario prorrogar a medida máis aló do 26 de marzo. De momento, Alfonso Rueda pide prudencia.
Ata o 26 de marzo o certificado Covid seguirá sendo necesario para visitar pacientes ingresados en hospitais e en residencias de maiores. O Diario Oficial de Galicia deste venres recolle a prorroga desta esixencia. Despois destas dúas semanas máis, o vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda agarda que a medida deixe de ser precisa.
Pedimos outros quince días máis de mantemento destas medidas mínimas que hai a día de hoxe e confiemos, imos a cruzar os dedos, para que podian ser os últimos quince días, non se sabe ainda pero está claro que a final está moi preto xa estamos moi a piques de recuperar a vida normal, pídolle .
A pesar da mellora da situación hospitalaria, Rueda di que nesta volta a normalidade non conveñen as presas.
Estamos nunha boa situación en Galicia porque ata agora non quixemos correr máis da conta eu pídolle animo á xente estamos case no final creo que en pouco tempo os sitios nos que son precisos as máscaras onde ainda hai certas restricións irán desaparecendo...a día de hoxe non pode ser , imos esperar quince días.
A retirada da recomendación do uso das máscaras nos patios dos colexios estudarase xa estes días