Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia prevé obter cen mil toneladas de hidróxeno verde en 2030

Galicia prevé obter cen mil toneladas de hidróxeno verde en 2030

G24.gal 23/10/2022 15:00 Última actualización 23/10/2022 15:22

A industria galega reséntese dos custos enerxéticos.  O comité de Política Industrial avaliou na súa última xuntanza as consecuencias da escalada do prezo da electricidade na produción.

Constatamos esa perda de competitividade con paradas na produción moi preocupantes no eido industrial. Pois exemplos claros, o de Alcoa ou Ferroglobe ou algunha outra empresa que están analizando a súa produción en función do prezo eléctrico. Son claros exemplos do impacto na industria dos prezos enerxéticos, di a Secretaria xeral de Industria, Paula Uría.

Os plans enerxéticos do Goberno galego buscan chegar a que o 85 por cento da electricidade proceda de  fontes renovables en 2030. Galicia aspira a situarse entre as rexións europeas que lideren a xeración de hidróxeno verde.

En Galicia temos moitos recursos para poder posicionarnos como un hub de hidróxeno verde. Necesitamos infraestruturas para trasladalo cara á meseta para todo o hidróxeno que se poida xerar en Galicia. Temos uns obxectivos moi elevados de producir no ano 2030 cen mil toneladas de hidróxeno verde, explica Uría.

O hidróxeno é o elemento químico máis abundante no planeta e as Administracións ven nel  a alternativa clave para a transición enerxética. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade