Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia quere recoller a produción de leite de ovella que perde Castela e León

Galicia quere recoller a produción de leite de ovella que perde Castela e León

Nos últimos cinco anos pecharon 1.500 explotacións castelás

A calidade do terreo e a auga dispoñible son as bazas galegas

G24.gal 29/12/2022 19:25 Última actualización 29/12/2022 19:45

O cambio climático, os custos de produción e a falta de remuda xeracional levaron a que nos últimos cinco anos desapareceran máis do 30 % das explotacións de leite de ovella en España. En Galicia hai só tres granxas producindo leite, polo que a marxe de crecemento é enorme. Producir aquí é máis barato porque hai moita terra de calidade dispoñible e porque a auga non escasea. Ademais, sería un leite de máis calidade ao utilizar menos concentrados.

O principal atranco é a falta de industrias para recoller o leite que se poida producir. Polo de agora non hai volume suficiente para atraelas. Por iso, os especialistas apostan por ir medrando pouco a pouco e con proxectos de transformación, como as queixerías artesanais, ata que se chegue a superar os 10 millóns de litros anuais en Galicia. Un proceso que, aseguran, debe comezar xa.

Calquera raza de ovella pode adaptarse facilmente a calquera zona de Galicia polo que dende o sector ovino animan os mozos a dar o paso de producir leite ovino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade