Galicia recibirá 27 millóns para a mellora turística de 12 BIC
Galicia recibirá 27 millóns para a mellora turística de 12 BIC
A achega procede do Plan Xacobeo Next Generation
Unha ducia de Bens de Interese Cultural (BIC) de Galicia van recibir 27 millóns de euros do Plan Xacobeo Next Generation. Os cartos destinaranse a obras de rehabilitación dos espazos para o seu uso turístico, mellora da sustentabilidade, accesibilidade e eficiencia enerxética ou para dixitalizar os monumentos. Os BIC incluidos neste plan son o arquipélago de Sálvora, Cárcere Vello de Tui, Fortaleza de Monterrei, Conxunto Histórico-Artístico de Mondoñedo, Parque do Pasatempo en
Betanzos, Castelo de Santa Cruz da Guarda, Ribeira do Lérez, Torre de Hércules, Torres do Oeste en Catoira, Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra, Casa Museo de Valle Inclán de Vilanova de Arousa e
Arquipélago de Ons.
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, explica que Galicia presentou unha candidatura á convocatoria do Plan turístico Nacional que foi aprobada na súa totalidade, polo que a nosa comunidade recibirá o 35% do orzamento total previsto para toda España dese plan.
"É unha cantidade importante que vai permitir poñer aínda máis en valor estes bens, que xa tiñan esa cualidade de BIC, pero agora van ter esa segunda faceta turística e supoñen infraestruturas que van ter un impacto económico positivo en canto emprego tamén", dixo Alfonso Rueda.