Cargando resultados...
Galicia segue en aviso por altas temperaturas, con nivel máximo en Ourense e Lugo
A Xunta activa o aviso laranxa polas temperaturas en Ourense e Lugo

G24.gal
16/07/2022 13:36
A Axencia Estatal de meteoroloxía pón esta sábado en aviso laranxa por altas temperaturas a Galicia, se ben a Xunta establece o nivel máximo para Ourense e Lugo, agás a zona da Mariña.
A AEMET informa de que o episodio prolongarase ata as oito do serán con máximas de 40 graos na zona do Miño e no sur de Ourense. No sur de Lugo poderán alcanzar os 39. Ademais, activouse o aviso amarelo por calor en Valdeorras, na montaña ourensá e no noroeste da provincia, así coma no centro de Lugo. Neste caso, os termómetros oscilarán entre os 34 e os 38 graos.