Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia suma dúas novas praias con bandeira azul: Caranza, en Ferrol, e O Adro, en Vigo

Galicia suma dúas novas praias con bandeira azul: Caranza, en Ferrol, e O Adro, en Vigo

Con 125 distincións, 113 areais e 12 portos deportivos, Galicia é a terceira comunidade con máis bandeiras azuis

G24.gal 04/05/2023 11:41 Última actualización 04/05/2023 12:27

113 praias galegas e 12 portos deportivos lucirán este verán a bandeira azul. Son en total dúas máis ca o ano anterior, xa que se incorporan as praias de Caranza, en Ferrol, e do Adro, en Vigo.

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), promotora da iniciativa, difundiu este xoves a listaxe total, en que Galicia volve ser a terceira comunidade con máis recoñecementos, por detrás da Comunidade Valenciana (135) e Andalucía (148).

Sanxenxo, que contará con 17 bandeiras azuis nos seus areais, e 3 en portos deportivos, volve ser o concello galego con máis recoñecementos.

Ademais tamén destaca entre a listaxe a praia de Bastiagueiro, en Oleiros, onde leva ondeando a bandeira azul desde que se iniciou este programa, en 1987, 36 anos de xeito ininterrompido, e que suporá que poida lucir ademais unha bandeira conmemorativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade