Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia supera os 78.500 casos activos, pero rexistra unha baixada notable de ingresos

Galicia supera os 78.500 casos activos, pero rexistra unha baixada notable de ingresos

Os contaxios diarios baixan dos 6.500

Todas as áreas suman casos activos, agás a de Ferrol

Jessica Fernández, Yaiza López 21/01/2022 10:20 Última actualización 20:25

Os casos activos seguen aumentando e xa pasan dos 78.500 (+ 1.456). En total, hai 78.692 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios descenden lixeiramente respecto a onte e rexístranse 6.339 persoas contaxiadas nas últimas 24 horas

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 16.187 (+335)

Vigo: 20.899 (+492)

Ourense: 8.242 (+59)

Santiago: 12.095 (+340)

Lugo: 8.049 (+161)

Pontevedra: 9.260 (+85)

Ferrol:  3.960 (-16)

Canto á presión hospitalaria, esta descende notablemente ao rexistrar 32 ingresos menos en planta, pero soben as hospitalizacións nas UCI (+4). En total, hai 560 persoas nos hospitais, 507 en planta e 53 en coidados intensivos.

O Sergas notificou o falecemento de cinco persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Con elas, a cifra total de decesos sobe a 2.873 desde o comezo da pandemia en Galicia.

O pasado 19 de xaneiro faleceron un home de 87 anos no seu domicilio da Coruña e unha muller de 89 anos no CHUO.

Na xornada de onte perderon a vida unha muller de 87 anos na Residencia San Martiño de Nogueira de Ramuín, unha muller de 99 anos no Hospital da Mariña e un home de 75 anos no CHUVI.

Segundo informa Sanidade, as persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Mapa de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade