Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia terá unha oficina itinerante de información para refuxiados ucraínos

Galicia terá unha oficina itinerante de información para refuxiados ucraínos

Asesorará sobre as prestacións que teñen á súa disposición e de que maneira poden regular a súa situación

G24.gal 12/04/2022 15:19

Desde o inicio da invasión rusa, a Asociación Galega de Axuda a Ucraína enviou xa trece camións con axuda humanitaria e xestionou a acollida de 200 refuxiados.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá o almacén de AGA-Ucraína na Coruña e anunciou a posta en marcha inminente dunha unidade móbil para asesoralos á súa chegada a Galicia. 

A conselleira sinalou que, aínda que o fluxo de refuxiados se desacelerou nas últimas semanas, é o momento de facilitar servizos ás persoas que chegaron ao país. Con este obxectivo, apuntou, a próxima semana poñerase en marcha unha unidade móbil que leve información por toda Galicia á poboación ucraína sobre todas as prestacións que teñen á súa disposición e de que maneira poden regular a súa situación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade