Cargando resultados...
Galicia traballa na adaptación dos contidos académicos á LOMLOE
Galicia traballa na adaptación dos contidos académicos á LOMLOE
Á Xunta correspóndelle fixar o 50 % do currículo
Cordinaron contidos con máis de 130 profesionais
Reunión de traballo para fixar os novos contidos académicos
G24.gal
02/11/2021 12:27
Galicia está traballando na adaptación dos currículos educativos á nova lei estatal, a LOMLOE.
Os cambios van desde infantil ata bacharelato.
Hoxe houbo reunión entre a Consellería de Educación e máis de 130 profesionais para fixar eses contidos que van ter que estudar os rapaces.
Galicia fixa un 50 % do currículo e o Goberno central a outra metade. Na Xunta cren que o Ministerio vai con atraso e pídenlle que publique a súa parte antes de final de ano. Do contrario, ven complicado que os novos contidos estean adaptados para o inicio do curso 2022-2023.