Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia vive as mareas máis vivas das dúas últimas décadas

Galicia vive as mareas máis vivas das dúas últimas décadas

A partir das 4 da tarde mesmo fará desaparecer por completo algunhas praias

A Mariña rexistrará o nivel máximo, ata superar os 4,6 metros

Imaxe de Baiona Imaxe de Baiona
G24.gal 18/09/2024 14:49 Última actualización 18/09/2024 18:46

Galicia vive esta semana as mareas máis vivas dos últimos 19 anos. Están a alcanzar estes días o seu nivel máximo na comarca da Mariña lucense, con alturas que van desde o “nivel 0” da marea baixa ata superar "os 4,6 metros" cando está alta.

Trátase dun fenómeno que se repite cada ano, pero que estes días ten especial incidencia na costa galega, e sobre todo na Mariña, por mor da confluencia de varias circunstancias, por unha banda a “lúa chea” e pola outra “o equinoccio”, explicou a EFE Carlos Otero, de Meteogalicia.

“Temos lúa chea hoxe, e súmase á propia marea viva un compoñente equinoccial. Alíñase a forza gravitatoria da lúa coa do sol, súmanse, e están aliñadas co ecuador terrestre. É un máximo de marea”, precisa este especialista.

Aclara, así mesmo, que “en Galicia onde as mareas son máis elevadas é na Mariña, con alturas que van desde o 0, cando está baixa de todo, ata un máximo de 4,6 metros”.

No desenvolvemento das mareas vivas tamén inflúe “o factor meteorolóxico”, porque se “houbese unha baixa presión próxima sería mesmo maior”, aclarou, pero estes días están a alcanzarse valores “dos máis altos do ano”.

“O efecto da parte astronómica súmase para dar este máximo de marea viva”, que se manterá “durante tres ou catro mareas máis”, concluíu.

Estas mareas vivas provocaron a mobilización de moitos curiosos que se achegan á costa para ver este espectáculo único en lugares como a praia dás Catedrais, no municipio de Ribadeo (Lugo).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade